Ollar, Escolma da Fotografía Galega Contemporánea...

... é un proxecto multimedia de divulgación da fotografía de autor en Galicia. Mediante unha serie de curtas documentais amósase o traballo artístico de diferentes fotógrafos e fotógrafas. Esta web específica é o xeito de exhibición principal das pezas audiovisuais, aínda que o proxecto está aberto a outras canles de difusión como festivais, televisión, mostras, outras webs, etc.

“Ollar” xurde na necesidade de crear unha plataforma audiovisual que poña en valor e difunda a obra dos fotógrafos e fotógrafas máis salientables da fotografía de creación en Galicia.

Nace como un proxecto aberto e en continuo crecemento máis aló dos primeiros cinco documentais con que comenzamos; o obxectivo final é a produción de máis películas que vaian completando o panorama da fotografía galega contemporánea.


Créditos

Dirección: David Hernández

Guión: Jorge Lens - Universidade de Vigo

Montaxe: Alex Penabade

Fotografía: Alex Penabade e David Hernández

O proxecto é unha iniciativa e está producido, pola produtora audiovisual galega Adarme Visual.


Obra realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia

Using Format